Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As xornadas do colectivo Ousli achegarán recursos para facer Web con software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

As xornadas do colectivo Ousli achegarán recursos para facer Web con software libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ousli_segundas_xornadas.jpgNunha entrevista recente con Roberto Vieito (autor dun completo estudo sobre o código aberto na nosa terra), este aproveitou o tema principal a tratar –o software libre e a súa pegada- para poñer de manifesto unha das realidades probablemente máis inxustas do panorama actual da Sociedade da Información: o pouco coñecemento que existe sobre a programación aberta e a todos os niveis, perante o moito que se sabe sobre a pechada. Contribuír na medida do posible a corrixir esta situación de desequilibrio (tanto máis inxustificada se temos en conta que o software libre xurdiu antes có privativo) é o gran obxectivo xenérico da segunda convocatoria das Xornadas de Programación Web con Software Libre que organiza o colectivo Ousli entre o 23 e o 27 de xuño no Edificio Politécnico do Campus de Ourense.
Estes encontros, convocados co obxectivo específico de amosar todas as posibilidades que as novas tecnoloxías do mercado en deseño web subministran para levar a cabo proxectos cen por cen con software libre, van orientados tamén a facer do espazo físico do dito edificio un obradoiro de participantes en liña procedentes de moi diversos eidos: estudantes, mestres, programadores, profesionais en xeral das TIC, etc.
As xornadas están organizadas co apoio da Consellería de Innovación a través do Centro de Referencia de Servizos de Software Libre, Mancomun, e a Vicerreitoría do campus, así como da Escola Superior de Enxeñaría Informática da que proceden os membros de Ousli. Cómpre lembrar que este colectivo é unha asociación cultural de ámbito autonómico sen arela de lucro que xurdiu coa finalidade de promover o código aberto e máis o emprego do galego nas Sociedade da Información. Actualmente conta con sete compoñentes todos eles alumnos, ex alumnos ou profesores da ESEI agás un de Telecomunicacións.
Aberto o prazo de inscrición
Para poder participar nas xornadas e recibir o material que se vai entregar nelas sobre os relatorios, ademais do diploma de asistencia, os interesados deberán inscribirse previamente na páxina web de Ousli, onde tamén atoparán máis información. O prazo para matricularse xa comezou e ficará aberto ata o día 17 de xuño, último para facer o ingreso das taxas que no caso dos estudantes da Universidade de Vigo ascenden a 20 euros, 10 se son bolseiros e 40 para o resto dos participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?