Os novos modelos de ordenadores ultraportátiles con procesadores Intel Atom están a padecer retrasos na súa comercialización internacional (posiblemente pola alta demanda dos procesadores de Intel), e no caso español temos que Ahtec xa permite reservas do seu N011 (considerado coma un clon do popular MSI Wind) que contaría cun procesador Interlet Atom a 1,6 GHz, 1 ou 2 Gb de RAM, disco duro de entre 80 e 200 Gb (ou disco de memoria sólida de 4 ou 8 Gb), pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600, Wi-Fi, lector de tarxetas de memoria, Ethernet, saída VGA e con Linux ou Windows XP, podéndose elixir libremente entre as distintas opcións de configuración, cun prezo de partida de 399 euros.
Pero o fabricante non queda aí, e anuncia que en breve terá tamén un equipo de sobremesa baseado en Intel Atom, con 1 Gb de RAM, 80 Gb de disco duro, gravadora de DVD, lector de tarxetas de memoria, teclado e rato cun prezo de saída de só 199 euros. Estes Nettop serían equipos ideais para usuarios que busquen un ordenador básico para acceder á Internet.
Tamén podemos descartar que a tenda en liña ourensá Controlp.com tamén permite reservar o Acer Aspire One, ultraportátil que custaría dende 299 euros (IVE incl.).
Comezan a aceptar reservas en España de novos ultraportátiles de baixo custo
Compartir Este Artigo
