Crecemento do consumo de datos (en Mbytes) dende Opera MiniOs navegadores web máis populares en móbiles de prestacións baixas e medias son sen dúbida os de Opera (Opera Mobile e Opera Mini) o que lle sirve a esta compañía para poder debuxar unha radiografía bastante fiel do uso que a xente fai da web móbil (xa que o tráfico de Opera Mini pasa polos servidores de Opera para a súa optimización a terminais de poucas prestacións), e así publica os datos recollidos en varios países (Estados Unidos, Sudáfrica, Ukrania, Inglaterra, Indonesia, Rusia, China, Alemaña e Polonia) entre os meses de febreiro e xuño do presente ano, deducíndose que a meirande parte dos usuarios teñen entre 18 e 27 anos, o incremento de usuarios de Opera Mini medrou de xeito moi importante (chegando aos 14,7 millóns de usuarios en maio, cunha media de 2,9 millóns de páxinas visitadas). A meirande parte dos usuarios son varóns (entre o 75,3% e o 95% segundo o país analizado) e as páxinas máis vistas corresponden a buscadores, redes sociais e webs informativas, destacando dende Opera o interese da consulta de información deportiva dende o móbil (o que se notará especialmente coa actual Eurocopa de fútbol e os Xogos Olímpicos).