
Nos últimos meses xa se lanzaron ao mercado múltiples lectores de libros electrónicos coa tecnoloxía de E Ink, e o propio Kindle de Amazon podería ser un adianto do que está por chegar, xa que se os dispositivos de lectura teñen conexión á Rede poden evitar os intermediarios en compras e subscricións, converténdose nun revulsivo para o sector da distribución de prensa e literatura.
Kuwata admite que a súa compañía ten os xornais no seu punto de mira, e están a manter contactos coas principais cabeceiras de prensa do Xapón para traballar conxuntamente na implantación dos xornais electrónicos. Considera que a finais de 2008 se proben múltiples terminais destinados á lectura da prensa, para avanzar paulatinamente para que antes de rematar 2009 se poida comezar a comercializar un produto real, que nun principio podería estar desenvolvido directamente por E Ink (mentres que os medios europeos parecen máis partidarios de utilizar terminais de lectura que estean xa no mercado, enfocando o seu negocio só aos contidos).
Estiman que os xornais de papel electrónico poderían ser unha realidade comercial na segunda metade de 2009
Compartir Este Artigo
