Os usuarios que precisen dun almacenamento de alta capacidade na Internet poden optar agora por Humyo, un servizo que ofrece 25 Gb para gardar ficheiros multimedia e 5 Gb para ficheiros doutro tipo, accesibles tanto por web como polo móbil. Así, podemos compartir documentos con outros usuarios, escoitar música, ver vídeos e editar documentos dende calquera ordenador, publicar ficheiros na web e incrustar ficheiros multimedia en blogs.
Amais, os usuarios que precisen de máis prestacións poderán acceder a un servizo premium que inclúe 100 Gb de almacenamento, sincronización automática co PC, seguridade a través de encriptación SSL e ausencia de publicidade a 3,12 euros/mes (por tempo limitado).
Humyo ofrece de balde 30 Gb de almacenamento na web
Compartir Este Artigo
