
Agora, series coma Hannah Montana, Phineas e Ferb ou Lilo y Stitch e películas coma High School Musical, High Scholl Musical 2 e a agardada Camp Rock, poderán verse de balde en case todo o territorio español, o que agradecerán pais e nenos de todo o Estado.
Esta incorporación á grella da TDT podería supor un importante pulo para a nova televisión, xa que moitas familias terán en conta o reclamo que supón a oferta de programación infantil que chega por esta vía, xa que, aparte de Disney Channel, tamén se pode recibir a canle infantil Clan TVE e outras canles coma Veo ou Antena.Neox, que teñen o seu curruncho para os cativos con series coma Titeuf, Los Cuatro Fantásticos, Los Simpson ou Sin Chan.
Disney Channel chega á TDT
Compartir Este Artigo
