
Esta illa (que nada ten que envexarlle a outros terreos xa edificados na web) conta co seu propio centro comercial no que os personaxes se poden mover ao seu antollo por “vangardistas pabillóns”, nun entorno tridimensional moi realista que permite asistir ao cine, a videoconferencias e incluso a titorías para “discutir con outros colegas sobre o asunto”.
Segundo recolle o xornal dixital Lavozdegalicia.es, esta illa da escola informática “vaise a integrar cun proxecto do vicerreitorado para a aprendizaxe virtual” máis, de momento, a devandita escola só conta cunha materia denominada Mundos Virtuais, aberta a tódolos alumnos do campus.
A Escola de Informática de Ourense desenvolve unha illa virtual en Second Life
Compartir Este Artigo

