Os nostálxicos da vella consola NES ou os que queiran simplemente botar unha partida a unha ampla colección de xogos simples e divertidos poden instalar no navegador Firefox un engadido chamado FireNES que inclúe un emulador da NES dende o que se poden cargar máis de 1.000 xogos entre os que están 1942, Arkanoid, Bomberman, Donkey Kong, Super Mario Bros, Commando, Double Dragon, Metal Gear, Paperboy, Tetris ou Snow Bros.
Os usuarios que empreguen navegadores distintos ao Firefox ou que non queiran instalar a extensión para o mesmo tamén poden acudir directamente á web de vNES, plataforma na que se basea FireNES, para botar unha partida rápida a algún destes clásicos do lecer electrónico que aínda continúan moi vivos despois de tantos anos.
FireNES integra un emulador de NES no Firefox
Compartir Este Artigo
