Os ultraportátiles de baixo custo están a facer máis difusa a barreira que separa os ordenadores das PDA, e como exemplo desta indeterminación temos o Tee PC de Albatron, que é un equipo que funciona cun procesador ARM 926 a 400 MHz, 128 Mb de RAM, unha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, lector de tarxetas SD, Bluetooth e Wi-Fi, que ao funciona co sistema operativo Windows CE nos dá a entender que é máis unha PDA grande que un ordenador pequeño.
Este novo equipo mide 188 x 113 x 12,9 milímetros e pesa 343 gramos, polo que tería unha portabilidade moi elevada, aínda que parece que a costa dun baixo rendemento (aínda que o seu fabricante asegure que é capaz de reproducir vídeo en H.264 e MPEG-4 a 30 fotogramas por segundo.
Albatron presenta un ultraportátil tipo PDA
Compartir Este Artigo
