Microsoft estaba a crear certa expectación cunha presentación programada para o 9 de setembro na que daba a entender que ía dicir adeus aos ratos informáticos con sensor baseado en tecnoloxía láser, e parece que o misterio xa está resolto, e a novidade que podería presentar a compañía de Redmond sería un rato que apareceu durante varias horas na tenda xermana de Amazon, incluíndose distintas imaxes do mesmo.
O MS Explorer Mini Mouse con tecnoloxía Blue Track sería un rato que empregaría un LED azul combinado cunha lente grande angular para funcionar sobre máis superficies que un rato láser ou óptico, aínda que haberá que agardar ao día 9 para que Microsoft explique detalladamente esta innovación tecnolóxica que podería chegar a permitir o uso do rato sobre superficies coma o granito, a madeira (os ratos ópticos presentan normalmente problemas con algunhas vetas) ou mesmo unha alfombra.

Fíltrase á web o que podería ser a nova tecnoloxía de Microsoft para os ratos ópticos
Compartir Este Artigo
