O Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI) está a elaborar cos colexios profesionais de enxeñería e enxeñaría técnica en Informática de Galicia un estudo sobre a situación profesional dos informáticos galegos no sector a través dunha enquisa e o posterior informe de diagnose.
A enquisa estudará a situación dos profesionais das tres titulacións de enxeñaría informática que se imparten en Galicia, para o que se contará coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego.
Entre outros indicadores, o estudo reflectirá a porcentaxe de enxeñeiros que están a traballar dentro e fóra de Galicia, a súa distribución xeográfica, o tipo de traballo que están a desenvolver, o tipo de industria e sector que os empregan, as súas necesidades formativas, o grao de satisfacción persoal coa profesión ou as súas expectativas profesionais.
A situación profesional dos enxeñeiros en Informática a estudo
Compartir Este Artigo
