Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Idealista.com consolida un xogo en liña para elixir a casa máis bonita
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Idealista.com consolida un xogo en liña para elixir a casa máis bonita

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

idealista_duelo_casas.jpgPaseniño pero sen pausa, a Rede está abrindo vieiros á participación no virtual de todos os deportes da vida real, e coa vantaxe de que na Internet se adoita aplicar polo miúdo a lei do mínimo esforzo. Un exemplo de práctica deportiva trasladada ao eido dixital -e coa engadido de certas vantaxes- é o que dá corpo á máis recente andaina en liña de Idealista.com: o duelo de fotos. A proposta, que está en versión beta pero dispoñible dende o pasado 13 de agosto, consiste en levar a cabo e sen que nos vexan unha das nosas afeccións preferidas cando imos de paseo ou de visita: ollar en fite os exteriores e interiores das casas para dar a nosa opinión sobre a estética e a construción das mesmas. Máis polo miúdo, a iniciativa consiste en permitirnos valorar moitas máis cousas: as mellores piscinas, as mellores vistas ou as mellores coñecidas das vivendas anunciadas na propia web.
O servizo, que está concibido coma un xogo, deixa marxe á achega de ideas para mudar o rumbo da decoración, poñer os mobles que nos gusten ou levar a cabo a reforma que nos pareza máis idónea.
Co fin de introducírmonos nos segredos da proposta cómpre elixir a estancia a valorar: dende a cociñas a comedores, pasando por patios, terrazas ou bufardas. Logo, veremos como xorden dúas imaxes en pantalla, cada unha pertencente a unha vivenda distinta. A continuación, o usuario terá que seleccionar a súa favorita, pasando a imaxe elixida a formar parte dunha nova quenda con outra foto diferente. Este proceso individual de escolma da vivenda favorita será engadido e comparado logo aos restantes, sendo logo o propio sistema habilitado o que se encarga de crear os rankings das casas con mellores cualificacións.
Por certo que dende a data de posta en marcha deste certame en liña xa se rexistraron nel arredor de 600.000 duelos entre casas, sendo os de meirande popularidade os que atinxen a cociñas e piscinas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?