Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Second Life contará de novo cunha carpa para a celebración do Ramadán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Second Life contará de novo cunha carpa para a celebración do Ramadán

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ramadan.jpgOs responsables de Second Life, na súa teima por reflotar o barco medio afundido desta iniciativa de mundo virtual, están a presentar algunha que outra iniciativa interesante, non tanto dende o punto de vista técnico senón máis ben dende o humano e o social. Neste vieiro é onde se sitúa o que están a levar a cabo coa axuda de IslamOnline.net, unha proposta que en boa medida consiste en consolidar o devandito xogo como un espazo aberto á pluralidade, cultural, relixiosa ou de calquera tipo. Máis polo miúdo, o proxecto apóiase na reincorporación (posto que xa vén do ano pasado, só que agora dun xeito máis ambicioso) a Second Life dunha gran carpa dende a que, entre outras cousas, as persoas de relixión musulmá poderán levar a cabo todo tipo de actividades ligadas ao seu culto. Asemade, ficará como fonte de coñecemento en liña para persoas doutras confesións interesadas a achegarse a esta cultura.
O espazo, decorado con farois, incensarios, alfombras ou tapices árabes, está habilitado para recibir ata 150 visitantes dunha vez, sendo posible entrar en contacto directo coa cultura islámica e máis concretamente co Ramadán, celebración relixiosa que na vida real xa comezou o primeiro de setembro e que neste mundo virtual inclúe actividades como a lectura do Corán (situado no centro da carpa) ou consellos sobre como levar a cabo o xaxún (requisito fundamental para participar nesta festividade) por vez primeira. A carpa en Second Life foi habilitada unha vez máis por IslamOnline.net (a única organización musulmá con presenza neste mundo virtual), logo da experiencia do ano pasado, máis experimental. Os seus obxectivos, amais dos devanditos, consisten en tirar partido do mundo virtual para dar a coñecer a cultura islámica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?