
A dotación, informa o departamento da Xunta, cubrirá as actividades postas en marcha ata decembro de 2008 en materia de implantación e afianzamento das ferramentas dixitais no ámbito empresarial galego. Por certo que as achegas para o deseño das actividades do programa conta co respaldo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER.
En si mesmo, o proxecto parte dunha análise do grao de integración das TIC nos diferentes sectores galegos, amais de incluír un traballo de campo que, entre outras cousas, lles axude aos axentes implicados a localizar os espazos onde se requiren accións máis inmediatas.
“Sobre os sectores seleccionados realizarase unha identificación preliminar de aplicacións TIC capaces de introducir melloras significativas na produtividade e competitividade das empresas pertencentes ao sector correspondente, para a continuación buscar solucións TIC que se adecúen aos ditos procesos e respondan á necesidade detectada, prestando especial atención ás solucións existentes en código aberto”, informa a Consellería de Innovación, deixando constancia do mantemento do seu compromiso a prol do software libre, xa amosado previamente en iniciativas como por exemplo mancomun.org.
Por certo que o primeiro sector seleccionado para os traballos a desenvolver en 2008 é o do mantemento e reparación de vehículos de motor, tarefas de achegamento das TIC para as que se contará coa colaboración da Federación Empresarial Galega de Talleres de Reparación de Vehículos (FEGAT). “As solucións tractoras inicialmente detectadas”, engade a Consellería, “son unha aplicación de terminal de punto de venda específico para o sector e un equipos de diagnose multimarca orientados especialmente á rama de electricidade e mecánica, estimando nesta primeira actuación máis de 80 beneficiarios”.
Innovación e Red.es lanzan un programa para afianzar as redes na empresa galega
Compartir Este Artigo

