Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Itelsis e Academia Postal apoiarán o galego nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Itelsis e Academia Postal apoiarán o galego nas redes

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

itelsis_captura.jpgCo galego nas comunicacións dixitais acontece máis ou menos que co galego nas canles tradicionais: por cada paso adiante que se dá, dáse outro cara a atrás. Se cadra, a loita da nosa lingua por afianzarse na Internet é aínda máis complicada, tendo en conta que estamos a falar dos formatos novos polos que apostan unha boa cantidade dos axentes globalizadores do mundo, no aspecto máis uniformador do termo. Isto, basicamente e para o caso que nos ocupa, tradúcese no seguinte: se por algúns fora, a Rede estaría escrita nunha única lingua dende hai tempo. Sobre esta cuestión, a presenza do galego nas comunicacións en liña, hai novidades este luns 22.
Por unha banda, temos a postura de Dolce Vita (centros comerciais portugueses) perante a súa inminente aterraxe na Coruña: informa da apertura dun centro na cidade pero non ofrece aínda comunicación en galego. O caso foi salientado pola CiberIrmandade da Fala, quen anima aos internautas a facerlle chegar á empresa lusa un prego no que se lle solicita a inclusión da nosa lingua.
Con todo, este luns tamén houbo boas novas para o idioma nas redes. Veñen da man de Itelsis (empresa de telecomunicacións) e o Grupo Academia Postal (escola de negocios e para opositores en xeral), dúas compañías da nosa terra que están a comprometerse co emprego da fala en todas as súas comunicacións, externas e internas.
Así o fai saber o Foro Enrique Peinador, que logo de dar a coñecer hai meses a galeguización dos Estaleiros Barreiras, informa de que en breve serán presentadas oficialmente estes dúas novas actividades de aposta empresarial pola nosa identidade. Segundo se conta en GZnación, os ditos actos terán como escenarios os polígonos do Tambre en Santiago e o de San Cibrao das Viñas en Ourense. Ademais, prosegue, a estas accións vanlle seguir outras para incorporar a lingua galega nos sector conserveiro e nas escolas de negocios de Caixanova, Caixa Galicia e Grupo Academia Postal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?