Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 96,7% das empresas galegas empregan o computador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 96,7% das empresas galegas empregan o computador

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/09/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecleando.jpgO Observatorio Nacional das Telecomunicacións (ONTSI) de Red.es vén de publicar o seu informe anual sobre novas ferramentas dixitais na empresa española e, como de costume, hai nel unha serie de datos de interese para tomar o pulso da evolución parella de dous elementos condenados a atoparse: as actividades económicas e as canles en liña. Ao aparecer, hai un pouco de todo: motivos para queixarse (digamos que a relación, en determinados sectores de actividade e comunidades, non se dá asentado, en parte porque para algunhas empresas segue a ser caro estar na Rede) e motivos para ser positivo (no informe máis da metade das empresas con Internet teñen web, e o 96% das firmas en xeral empregan a Rede para a busca de información).
En xeral, dise no estudo, a situación mellora en temas como o acceso á banda larga (a súa dispoñibilidade subiu 4 puntos no último ano), o que tampouco é moi salientable, tendo en conta que se partía dunha situación precaria.
Por sectores, cómpre facer mención especial da hostalaría, o turismo a as tecnoloxías en xeral como especialmente activos no emprego das redes, a rentes todos eles dunha taxa do 90%.
Polo que respecta a Galiza, que arestora achega o 6% das empresas de todo o conxunto do Estado, contaba en xaneiro do ano pasado coas seguintes porcentaxes, segundo o dito estudo do Observatorio:
· O 96,7% das empresas empregan ordenador (98,1% de media española).
· O 90,2% usan Internet (94,3% de media española).
E hai máis:
· O 92,9% teñen telefonía móbil (92,9% de media estatal)
· O 88,8 conta con correo electrónico.
· O 91,6% das empresas con Internet ten banda larga (95% de media española).
Polo que atinxe á situación de Galiza con respecto ás restantes comunidades, dicir que o informe deixa á nosa terra nos postos máis baixos nos devanditos índices de presenza de ordenador e rede no eido das empresas, só superada (negativamente) por Castela A Mancha, cuns índices de 94,7 e 89,3%, respectivamente. Con todo, hai que sinalar que non hai grandes diferenzas entre unhas comunidades e outras, sobre todo no grupo que se sitúa no cumio do ranking, no que atopamos a Canarias, Navarra e Madrid.
Volvendo ás estatísticas a nivel nacional, sinalar que a investigación do Observatorio tamén achega datos de interese sobre o afianzamento das canles dixitais á hora de facer trámites e comunicacións coas administracións dende o eido empresarial. Deste xeito, máis do 60% das pequenas e medianas empresas interactuan coa eAdministración pola Rede, e as grandes fano na súa totalidade (96,1%).
Respecto ao emprego da rede para o comercio electrónico, dicir que a porcentaxe de grandes firmas que envía facturas por esta vía está arestora nun 22%, situándose nun 20% as que as reciben. O 19% das empresas en xeral leva a cabo compras pola Rede, e o 9% efectúa vendas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?