Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Blusens desvela en Madrid os segredos do seu cerebro dixital para o fogar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Blusens desvela en Madrid os segredos do seu cerebro dixital para o fogar

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/10/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

blusens_fogar_dixital.jpgO 1 de outubro é sempre unha data para recomezar. Puidémolo ver onte a todos os niveis: non apenas houbo empresa, institución ou iniciativa particular que non asumise algún tipo de proxecto. Esta data de especial significado en cuestións vindeiras foi a elixida (precisamente) pola firma galega Blusens para dar a coñecer en Madrid a súa proposta de produtos e servizos para 2009, un programa de achegas tecnolóxicas que xira máis que nunca arredor de dous eixes: fogar conectado e portabilidade. Ou sexa, que a compañía con sede en Compostela ten moi claro que o lecer dixital de hoxe, lonxe de dirixirse cara a espazo alleos aos usuarios, encamíñase a acompañalos en todos os seus pasos (portabilidade) e mesmo cando menos posibilidades hai de que se movan (fogar).
De manter o noso domicilio conectado é do que trata un dos servizos estrela dos presentados na capital de España: o Blurain, un centro de medios dixitais e televisión que lles posibilita aos usuarios gozar de contidos recollidos de diferentes canles e que poden ser distribuídos a distintos reprodutores e memorias, sendo posible ata acceder a eles a través de Internet “para ver o que queiramos, cómo, onde e cando queiramos”, sinalou a empresa de Compostela nos actos celebrados en Madrid.
Por certo que entre as moitas cousas que poderemos controlar con Blurain atópanse os televisores (con 24 referencias diferentes dentro do catálogo da firma) con tecnoloxía Wi-Fi, os discos duros multimedia, os sintonizadores TDT, os reprodutores Blu-Ray e DVDs e os marcos dixitais.
Xa no eido da portabilidade, dicir que a achega de Blusens inclúe nesta sección do catálogo a todos aqueles produtos que se moven cos seus usuarios. De entre todos eles, cómpre salientar o novo Keia, un reprodutor portátil de MP3 do que xa temos falado nesta mesma web e que identifica, máis que unha boa parte dos produtos actuais do mercado, dous conceptos máis ou menos diferenciados nun único concepto: aparello e mando do aparello. En realidade, todo o reprodutor é en si mesmo un gran botón para navegar polas súas funcións sen que sexa preciso sequera ollar á pantalla. Keia, que xa está nas tendas dende o pasado día 20, é un trebello suxeito a actualizacións constantes. De feito, Blusens xa anunciou que en breve lle será incorporado un pulsómetro e máis un podómetros, ademais de preverse a aparición dun Keia resistente á auga.

Blugeneration

O acto de Madrid tamén foi o escenario elixido para dar a coñecer a redefinición de blu:generation, o novo espazo en liña da empresa que serve, entre outras cousas, para crear comunidade virtual e fortalecer as posibilidades de lecer interactivo da propia empresa e da mesma Rede. A web, que fornece aos internautas de recursos multimedia, foi concibida coma un lugar de encontro para todos os seareiros da música dixital, o cinema ou o deseño.
Asemade, desveláronse na capital de España moitos dos segredos de Blusens Music, a discográfica dixital de Blusens. O selo foi dado a coñecer polo miúdo da man do primeiro que promove, Cornelius, unha agrupación galega que mestura rock e funk e que ten programada a gravación do seu novo álbum os vindeiros meses nos Village Studios de Los Ángeles. Por certo que a achega deste disco levarase a cabo mediante varias canles distintas. De entre elas, como se pode supoñer, darase especial importancia ás ligadas aos reprodutores multimedia de Blusens e ao devandito servizo blu:generation.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?