Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novos partes sobre o avance da televisión dixital en España e Galiza (pola vía da Fonsagrada)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novos partes sobre o avance da televisión dixital en España e Galiza (pola vía da Fonsagrada)

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fernandez_iglesias_fonsagrada-2.jpgA menos de dous anos xa para o apagamento analóxico (ese acto xeral de despedida a un xeito de ver a televisión non exento de problemática: imaxe e son en ocasións deficientes, interferencias, escasa oferta de canles, etc), cada pouco tempo os organismos responsables do seu desenvolvemento e de verificar que todo se vaia cumprindo lanzan datos de interese sobre o estado de cousas. O máis recente, no que respecta ao Estado español, o informe do Instituto Nacional de Estatística (en pdf) sobre a presenza de novas tecnoloxías nos fogares. Nel, entre outras cousas, sinálase que o 37,4% dos fogares españois conta xa cun receptor de Televisión Dixital Terrestre (TDT) e, de entre eles, un 32,4% téñeno integrado do propio aparello receptor.
No que atinxe á información de Galiza, os datos achegados estes días son moito máis específicos. De feito, atinxe sobre todo á experiencia piloto da Fonsagrada, iniciativa da Xunta e do Goberno central que consistiu en verificar que acontecería nun dos concellos galegos que maior número de atrancos ao tecnolóxico reúne no seu territorio (orografía complicada, poboación moi espallada) se fose obxecto dun adianto no dito apagamento.
Pois ben, segundo informou en Madrid o máximo responsable da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Xosé Manuel Fernández Iglesias, a experiencia permitiulles aos veciños da Fonsagrada a posibilidade de ver unha vintena de canles fronte aos dous ou tres que captaban coa anterior tecnoloxía, estando neste intre a cobertura poboacional arredor do 98%.
Os datos acadados, malia ficar aínda uns treitos en baleiro dixital que se esperan tratar en breve coa instalación de infraestruturas novas, permiten falar (a xuízo de Fernández Iglesias) de “éxito” e máis de experiencia extrapolable ou modelo a seguir para o resto do país. En boa medida, subliñou durante o transcurso dunhas xornadas sobre negocio na TDT en Madrid, grazas á resposta máis que axeitada das empresas galegas que participaron no proxecto e da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?