Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Detectado un correo infeccioso que emprega unha suposta Terceira Guerra Mundial como anzol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Detectado un correo infeccioso que emprega unha suposta Terceira Guerra Mundial como anzol

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bush_malware.jpgA estas alturas, hai que recoñecerlles un mérito aos spammers de todo o mundo: ter case sempre o anzol máis axeitado para que sempre haxa algún que outro internauta na Rede que trinque. En certa maneira, hai algo de boa visión psicolóxica no seu procedemento: se deveces por ver as meirandes perversións na pantalla e non sabes a quen pedirllas, os spammers virán a por ti, aínda que logo é moi probable que fiques sen ver o desexado e, aínda por enriba, perdas un bo feixe de cartos. Un dos máis salientables anzois botados na mar da Internet os días pasados é sen dúbidas o que vén de localizar Trend Micro: o estoupido da Terceira Guerra Mundial.
En realidade, trátase dunha mensaxe electrónica spam que segue o comportamento doutras moitas previas: está a ser enviada a esgalla e, de premer nela, descargaremos un programa (malware) que é ben probable que vaia encamiñado a roubarnos os datos bancarios. O que cambia é, unha vez máis, a feitura do gancho: un reclamo que, amais de ter un aquel de bulo oportunista (tira partido do conflito entre Rusia e Xeorxia), non deixa de ser un exercicio de sensacionalismo levado ao extremo.
Coma se os spammers, a fin de contas, tamén fosen cans vellos da comunicación de masas.
A técnica usada, informa Trend Micro, é a de reproducir a estrutura dunha nova, achegando datos que en certa maneira ben puideran ser posibles (sobre todo se nos collen coa garda baixa). De feito, todo é como se fose o paso natural ás declaracións da candidata á vicepresidencia de EE UU (Sarah Palin) nas que ameazaba a Rusia con declararlle a guerra se volvía a usar a forza con Xeorxia. A ligazón que achega o correo (unha ligazón ás supostas declaracións de George Bush ao respecto) achega acceso á web da CNN e mesmo inclúe un vídeo. Porén, aos usuarios se lles pide que instalen un compoñente ActiveX Object, que en realidade é o devandito malware. Asemade, a URL real da cadea non é www.cnn.org (a dos spammers) senón www.cnn.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?