Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Científicos cataláns deseñan un software para avaliar en liña o ADN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Científicos cataláns deseñan un software para avaliar en liña o ADN

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adnalive.jpgA este paso, non haberá operación cotiá que non se leve a cabo nas redes. Ou que non teña relación máis ou menos directa con elas. Mesmo saber polo miúdo quen somos e que datos levamos dentro: algo así como empregar as novas tecnoloxías como un gran microscopio encamiñado a facer máis doado o traballo da comunidade científica. Diso precisamente, de afondar nos segredos da información xenética (ADN) e de abrir vieiros que vaian directos a ese coñecemento é do que trata un proxecto no que están a traballar investigadores cataláns e que podemos ver arestora reflectido na Plataforma Sinc e máis na revista Bioinformatics. Máis en detalle, trátase dun software que é quen de calcular as propiedades estruturais das moléculas de ADN e relacionalas coa información xenética existente nas bases de datos de Internet.
A ferramenta informática vai dirixida a facilitar na medida do posible un traballo de envergadura: o estudo da información xenética mesma, que require grandes cantidades de números e datos en xeral e que moitas máis veces das desexadas están espallados en computadores de organismos do eido internacional, dificultándose deste xeito calquera tarefa ao respecto.
Partimos polo tanto dun software que pon orde no caos. “Con esta ferramenta”, coméntalle a SINC Carles Fenollosa (enxeñeiro informático da institución MMB, que reúne aos grupos que traballan nesta iniciativa), “pódese levar a cabo a análise sinxela de secuencias e operar cos resultados de xeito visual e intuitivo”.
O recurso informático, que como dixemos foi dado a coñecer na revista Bioinformatics, chámase DNAlive, e xorde da man do dito grupo MMB no seu marco do Programa Conxunto de Investigación en Bioloxía Computacional. O obxectivo do grupo, xa que se trata de facer algo que converta en doado o contido, é facilitar tamén a feitura. De feito, non se require ao usuario para a programación in situ de complexos algoritmos.
Co gallo de posibilitar meirande interconexión de datos, a ferramenta intercambia de xeito automático información con bases de datos de outras institucións, “amosando os resultados cruzados para que o usuario non necesite escolmar todos eses datos de maneira manual dende diferentes programas e webs”. O resultado: unha imaxe gráfica con fotografías en cor e animacións onde figura todo o coñecemento que foi requirido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?