Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As normas e certificados de calidade no software, a exame no portal GaliciaPMS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As normas e certificados de calidade no software, a exame no portal GaliciaPMS

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

laboratorio_pms.jpgO LaboratorioPMS vén de publicar na Rede un exhaustivo estudo sobre as distintas normas de calidade e certificación dispoñibles arestora para valorar o nivel do software. A idea deste departamento e do portal galego-europeo no que se enmarca (Galiciapms) non é outra que axudar ás empresas galegas a clarificar o máximo posible as súas ideas neste proceso cada vez máis xeneralizado de procurar avais para os produtos informáticos desenvolvidos, sendo os obxectivos principais destes captar futuros clientes, asegurar ós presentes e aumentar os beneficios e a competitividade.
Segundo nos conta Brais Martínez, coordinador do devandito portal (e tamén dun vello coñecido desta web: ByGalicia), o informe tamén achega coñecemento útil sobre os tres principais modelos para a xestión da calidade do software: o Capability Maturity Model Integration (CMMI) na súa versión 1.2, a norma ISO/IEC 12207 e a metodoloxía MÉTRICA 3. Asemade, entre outros datos prácticos sobre os procedementos a seguir para acadar un aval destas características, indícanse no estudo os principais beneficios ligados á aposta por estes modelos, así como os atrancos cos que se poden atopar as empresas para a súa aplicación.
Para poñérmonos en materia, faise tamén no informe un repaso do rumbo a seguir nos últimos anos por este tipo de procesos, estendéndose sobre todo o emprego da familia de normas ISO 9000 (moitas empresas contan xa con certificacións que acreditan o cumprimento de normas de calidade como a ISO 9000/1977 ou a ISO 9001/2000).
As organizacións que desexan dispoñer dunha certificación, cóntanos Brais Martínez facéndose eco da investigación e máis en concreto dos pasos a seguir, deben delimitar con exactitude o alcance das actividades profesionais que desempeñan, seleccionar unha empresa emisora de certificados e someterse a unha auditoría que executará este ente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?