Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novos obradoiros para mellorar a comunicación na empresa, da man de FEUGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novos obradoiros para mellorar a comunicación na empresa, da man de FEUGA

Raquel Noya
Publicado: 07/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), vén de anunciar que ao longo deste mes de outubro vai organizar dous novos obradoiros formativos de carácter práctico, destinados a incentivar e mellorar a capacidade de comunicación e de innovación no seo da empresa galega.
Estas novas actividades de formación empresarial, van encamiñadas a potenciar a cualificación de directivos, xerentes, consultores, investigadores e profesionais en xeral que forman o organigrama das pequenas e medianas empresas instaladas na nosa comunidade.
O primeiro dos cursos formativos terá lugar os vindeiros días 9 e 10 e neles, porase a proba a capacidade de comunicación das empresas galegas, así como a capacidade dos seus directivos para liderar o mercado fronte á competencia.
Baixo o título xenérico: Reaching out- A tu alcance, este taller fará posible que os participantes recoñezan as súas carencias e virtudes como comunicadores e, asemade, permitiralle aos asistentes, realizar exercicios de presenza física e de respiración e control de nervios. O programa inclúe, asemade, unha serie de actividades para traballar en técnicas de presentación e para realizar prácticas individualizadas e colectivas para “conectar coa audiencia vendendo as propias ideas e falando con credibilidade”.
O outro curso ofertado para este mes de outubro por FEUGA, terá lugar ao longo dos días 13, 14 e 20 e 21 deste mes e ten como obxectivo posibilitar que os participantes exploren os elementos básicos do proceso creativo e poñan en práctica a habilidade de integrar diferentes contidos con distintos formatos, estimulando as actitudes e as habilidades innovadoras.
Baixo o nome, Innovar desde el interior, este obradoiro desenvolverase, ao igual que o anterior, na sede central da Fundación en Santiago de Compostela, e ámbolos dous serán impartidos por Kim A. Page, formadora especializada nas disciplinas de técnicas de voz, escritura creativa, pedagoxía e comunicación empresarial.
Estas novas actividades formativas contan, para o seu desenvolvemento, coa colaboración do portal dos innovadores Infonomía, e a Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia. Os interesados poden recibir máis información sobre estes ou outros programas na páxina oficial de Feuga, ou a través do teléfono 981 534 180.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?