Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O PEGSI e a Asociación de Empresarias da Coruña dan conta das súas accións formativas para este outono
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O PEGSI e a Asociación de Empresarias da Coruña dan conta das súas accións formativas para este outono

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

asociacion_empresarias_coruna_obradoiros_rede.jpgA Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI e máis a Asociación de Empresarias da Coruña veñen de dar conta do desenvolvido e do por desenvolver a través do seu programa conxunto de obradoiros dixitais. Estas actividades colaborativas, dirixidas sobre todo a divulgar as vantaxes das novas tecnoloxías da información entre as mulleres da devandita cidade e do seu contorno, deron comezo hai agora un ano, nas instalacións que a dita entidade ten na avenida Alcalde Pérez Ardá.
En total, informan, dende o 2 de outubro a Rede e o colectivo de mulleres empresarias levaron a cabo 52 obradoiros, cun total de 366 horas impartidas e 256 participantes (na súa gran maioría mulleres, cunha porcentaxe do 87%). O programa de accións, que responde ao interese das dúas entidades responsables á hora de fomentar pola vía do tecnolóxico a actividade empresarial e económica no colectivo feminino galego, segue en activo cunha nova achega de obradoiros, dos que damos conta a continuación.
En boa medida, trátase de cursos de iniciación á Sociedade do Coñecemento:
· Ferramentas do buscador Google.
GRUPO I : 9 e 10 de outubro de 10,30 a 12,30
GRUPO II: 28 e 29 de outubro de 19,30 a 21,30
· Manexo do rato e o teclado.
GRUPO I : 13 e 14 de outubro de 18,00 a 20,00
GRUPO II: 21 e 22 de outubro de 16,00 a 18,00
· Manexo do escáner.
16 e 17 de outubro de 10,30 a 12,30
· Iniciación á informática.
20,21,27,28 de outubro de 18,00 a 20,00
· Retoque fotográfico e edición de imaxes: GIMP
9 e 10 de outubro de 10,30 a 12,30
· Viaxes por Internet
29 de outubro de 17,30 a 19,30
Para poder participar nestas actividades, cómpre levar a cabo a inscrición (de balde) na dita Asociación de Empresarias da Coruña, pola vía do presencial, a través do teléfono 981297870 (contactar con Pilar Chao Valle, dinamizadora da Rede de Dinamización da Sociedade da Información) ou ben mediante o enderezo pilar.acoruna@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?