Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e Innovación traballarán para afianzar o uso da sinatura electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e Innovación traballarán para afianzar o uso da sinatura electrónica

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig.jpgEn cuestión de emprego das redes para facer nelas o que decote se fai pola vía tradicional, aínda queda por facer. En boa medida, o que fai falla é máis labor de divulgación en todos os niveis da sociedade, tarefa que pasa sobre todo por achegar casos de éxito e por salientar dous conceptos clave: comodidade e seguridade. Disto trata en boa medida a actividade que están a pór en marcha o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática (CPEIG) e máis a Consellería de Innovación: unha actividade que no xenérico irá encamiñada a afianzar en Galiza o emprego das ferramentas da Sociedade do Coñecemento.
Para ir dándolle corpo ao acordo conxunto, en breve levarase a cabo o proxecto piloto de emprego e aplicacións da sinatura electrónica e dos certificados dixitais. Asemade, o CPEIG e Innovación traballarán xuntas na organización das Xornadas de Difusión sobre o Impacto das TIC no Exercicio do Xornalismo. Estas actuacións terán un respaldo orzamentario de 46.7000 euros.
Polo que respecta ás devanditas actividades en materia de afianzamento dos certificados dixitais e da e-sinatura, dicir que se dirixe sobre todo a promover o seu uso axeitado entre os/as profesionais da Enxeñería de Informática. “Tanto un recurso como outro”, sinalan os asinantes, “son instrumentos clave para o desenvolvemento da Administración electrónica e das actividades comerciais e industriais dunha sociedade na que as transaccións de toda índole estarán baseadas en procesos remotos que garantan a identidade, integridade e confidencialidade”.
Nesta liña de divulgación insírese outro aspecto do proxecto: o desenvolvemento de módulos de software para o uso de sistemas de identificación sobre certificados dixitais para a plataforma de portais Drupal, unha das de maior uso na Rede.
Por outra banda, e ao abeiro do mesmo convenio, o CPEIG organizará en breve as Xornadas de Difusión sobre o Impacto das TIC no Exercicio do Xornalismo, para debater e afondar no impacto que teñen hoxe as TIC no labor xornalístico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?