A mediados de setembro Joost saltou do escritorio á web, estreando unha versión web da súa plataforma de vídeo á carta, que precisaba dun engadido no navegador para funcionar, e finalmente cumpriron co prometido e actualizaron a web para que funcione sen engadidos adicionais, ou sexa, que sexa 100% compatible con Flash, de xeito que sexa plenamente funcional para os mesmos usuarios que acceden a servizos de vídeo coma YouTube.
Existen moitas plataformas de vídeos que permite ver videoclips, series de televisión e películas, pero na súa meirande parte teñen restricións xeográficas, pero Joost ofrece boa parte dos seus contidos a todo o mundo, polo que se alza como unha web de grande interese global, que integra funcións sociais, permite comentar vídeos, crear listaxes de favoritos e establecer ligazóns aos clips, aínda que continúa a presentar certos atrancos como non permitir incrustar clips en webs alleas (o que reduce a súa visibilidade) e só permitir o acceso a usuarios rexistrados.
De todos os xeitos, Joost conserva o seu interese inicial por achegar vídeos cunha calidade bastante superior á media, e pretende adaptarse a novos soportes en breve (coma os móbiles ou as consolas de videoxogos domésticas).
A web de Joost xa é 100% compatible con Flash
Compartir Este Artigo
