Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha firma galega con forte presenza na Rede, finalista no Premio Nacional Joven Empresario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha firma galega con forte presenza na Rede, finalista no Premio Nacional Joven Empresario

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

linamar.jpgSegundo apunta a organización do Premio Nacional Joven Empresario, hai presenza galega entre os finalistas (un total de once) da edición 2008 do certame, a XI Concretamente a de Linamar, firma de recente creación que desenvolve o seu labor na distribución de mariscos nos mercados nacional e internacional. A empresa, que ten a súa sede primeira en Cambados, salienta no novo panorama corporativo español por unha razón principal: ter ligado unha actividade de tipo tradicional como a venda de marisco a conceptos de valor como o emprego intensivo das redes dixitais para esa tarefa (sobre todo a través da súa páxina web, dende a que se comunica con clientes, socios e provedores) e o uso a todos os niveis da lingua galega, que combinan nas súas tarefas comunicativas co inglés, o castelán, o francés, o alemán ou o italiano.
Por certo que organizadores do devandito premio (que non son outros que os membros da Confederación Española de Asociacións de Jóvenes Empresarios), valoraron especialmente dous factores á hora de situar á firma galega entre as finalistas: o servizo e calidade para a obtención dunha clientela fiel, o seu firme proceso evolutivo (pasou de ser en pouco tempo unha empresa comercializadora en liña a adquirir instalacións propias para poder asumir todo o proceso produtivo do grupo) e o espírito emprendedor da responsable da compañía, Adelina María Solla, “nun sector de natureza marcadamente masculina”, subliñan os responsables do certame.
Linamar terá que competir con outros dez finalistas para a obtención do premio, moitos deles ligados de xeito estreito á innovación e ao dixital: Grupo Empresarial Obralia, IriTec, Intercom Telemática Girona, Laboratorios Q Pharma, Diferent Travel, Grupo Amiab, Almeida Viajes, Alaves, Montajes e Realización e Grupo Enfoca.
O gañador darase a coñecer o vindeiro 6 de novembro nunha gala que se celebrará na Cidade da Luz, en Alacant.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?