Dende hai máis preto de ano e medio Antena 3 ofrece algunhas das súas series para a súa visualización a través da Internet, e para potenciar este tipo de contidos decidiron segregalos da súa web principal e buscarlles un espazo de seu dedicado á televisión á carta, Antena3videos.com, que non só recolle series de ficción, senón tamén programas completos da canle.
A nova web comeza pisando forte pre-estrenando a 4ª tempada de El Internado, e aparte de facilitar o acceso ás contidos de vídeo, tamén permite votar polos vídeos, recomendalos ou compartilos a través de plataformas de redes sociais (aínda que esta funcionalidade non parece estar plenamente operativa).
Antena3videos.com tamén potenciará a sindicación de contidos, que resultan moi accesibles grazas a que se entregan en formato Flash (o que se fixo todo un estándar grazas a servizos coma YouTube).
Antena 3 estrea televisión á carta a través da web
Compartir Este Artigo
