Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chamamento á blogosfera para participar no Día Internacional do Neno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chamamento á blogosfera para participar no Día Internacional do Neno

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/10/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dia_universal_nino.jpgO 20 de novembro celébrase a nivel mundial o Día Internacional do Neno, unha data de especial relevancia no eido da Sociedade da Información e as novas canles de comunicación dixital, sobre todo se temos en conta que é a través delas onde actúan hoxe en día unha boa parte das persoas que infrinxen os dereitos básicos dos cativos. Tendo en conta isto, e baseándose tamén no punto de vista contrario (na Rede tamén están arestora a maior parte das persoas que lles poden pór cerco aos pederastas e aos que promoven o abuso infantil), a Rede está a pechar fileiras arredor desta celebración e do que significa.
Segundo informa El Navegante, é concretamente a blogosfera a que se está a poñer en marcha. E faino cun chamamento xeneralizado a unirse á dita campaña e participar contra a lacra da pornografía infantil. Esta iniciativa en concreto xurdida ao abeiro do Día do Neno, na que poderemos concorrer cun post a publicar a vindeira data do 20 de novembro no que critiquemos directamente os abusos á nenez, baséase en boa medida no efecto pegada mediática que ten unha proposta colectiva e simultánea na Internet.
De feito, o que se pretende é que calquera busca que se faga desa xornada en adiante sobre “pornografía” e “infantil” remita de xeito directo aos moitos blogs participantes na campaña (de aí que, para tomar partido nela, se pedira un único requisito: que cada entrada escrita para a ocasión incluíse a frase “Pornografía infantil NO”).
Por certo que a campaña vén da man de La Huella Digital, o caderno do xornalista Nacho de la Fuente, e máis de Vagón-bar, o blog persoal do columnista de La Voz de Galicia, Paco Sánchez. A raizame da iniciativa está precisamente nun texto escrito polo propio Sánchez no seu caderno, o artigo Pornografía Infantil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?