
O alicerce básico da achega formativa presentada, que foi elaborada ata en 10 idiomas, é o seguinte: facer que o labor de escolarización de nenos e nenas estranxeiros redunde en beneficio de todos. A eles porque o terán máis doado á hora integrarse na nosa sociedade, e a nós porque tiraremos partido da riqueza multicultural. Así o fixo saber Pérez Mariño, quen logo de botar luz sobre o fondo, fixo tamén fincapé na forma dos contidos: serán achegas para resolver dúbidas e preguntas sobre o sistema educativo galego, amais de subministrar ferramentas para aprender a lingua galega.
E todo a través do uso das novas tecnoloxías.
Por certo que na elaboración desta iniciativa participaron mestres, directores e orientadores dos centos que concorreron nesta elaboración.
Máis polo miúdo, o material dado a coñecer inclúe cinco partes diferenciadas: a guía do sistema educativo (en dez idiomas, introdúcenos na estrutura do sistema), a guía de comunicación básica (tarxetas con preguntas básicas para facer dos centros ás familias e viceversa), modelos de documentos de uso habitual nos centros, carteis de sinalización das distintas dependencias dos centros en dez idiomas, e un dicionario visual multimedia. Este último é un instrumento interactivo integrado por láminas temáticas que representan graficamente o significado e o contexto de palabras e conceptos comúns na nosa sociedade.
O conxunto de guías en soporte físico e canais virtuais poden consultarse no portal educativo da Xunta.
Negreira acolle a presentación de material interactivo para axudar aos cativos estranxeiros
Compartir Este Artigo

