Logo da súa marcha cara a un segundo plano da toma corporativa de decisións e (tamén) cara a un reforzamento dos labores humanitarios levados a cabo na Fundación que leva o seu apelido, Bill Gates volves semella que volve á carga. O fundador da multinacional Microsoft xa está de novo en activo no eido empresarial, máis polo miúdo á fronte da compañía bgc3, que ten o seu emprazamento principal en Kirkland, Washington (Estados Unidos) e que (como Microsoft) dirixe a súa actividade cara o eido das novas tecnoloxías e da Sociedade da Información, só que cunha índole máis marcadamente social e científica.
A iniciativa, segundo apunta a web eWEEK, apóiase na achega de coñecemento de varios especialistas nos devanditos eidos de acción, máis ou menos como na dita experiencia previa, pero dunha maneira moito máis modesta que no caso da multinacional de Redmond.
En realidade, segundo se explica no dito medio, non se trata en absoluto dun negocio convencional, senón dunha canle ou instrumento para coordinar, promover e reforzar as achegas humanitarias de Gates.
Bill Gates crea unha nova empresa para coordinar o seu labor humanitario
Compartir Este Artigo

