Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Increméntase o número de internautas que fan á vez de vítimas e cómplices dun fraude en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Increméntase o número de internautas que fan á vez de vítimas e cómplices dun fraude en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O peor de que che queiran estafar non é que che rouben, aínda que iso xa queima. O peor é que os ladróns che metan na súa enleada e acabes sendo xulgado ti por querer levar a cabo un fraude. Isto é o que está a acontecer con algúns usuarios da Internet e máis concretamente dos servizos de correo electrónico, por onde cada chegan cada día centos de reclamos para obter cartos de xeito doado, para solicitar empréstemos que non existen ou para poñer en marcha solucións a problemas de impotencia sexual que logo rematan igual que comezaran. Atender correos escasamente idóneos: esa foi precisamente a raíz do problema dos casos concretos de internautas caídos na trampa.
Segundo informa El Pais, trátase dunha serie de muleiros (captados para transportas cartos) requiridos para traballar a distancia por empresas inexistentes, e que logo acaban no banquiño acusados de estafa. O motivo: serviron de ponte para recibir e transferir fondos roubados a ouros. Ou sexa, de intermediarios, e sen sabelo, entre os responsables dun calote e os que pican no anzol e deixan os seus cartos na operación.
En definitiva, estanse a contabilizar cada vez máis casos de internautas usados para dirixir ese anzol dereitiño cara a un vítima. De feito, o ano pasado rexistrouse un fluxo en España de ata 3.000 tipos de correos electrónicos co obxectivo de facerse con datos persoais dos internautas ou xa directamente cos seus cartos. En moitos deles, requírese a participación de mediadores, igualmente enganados e co agravante de ter que concorrer logo perante a Xustiza.
Segundo se sinala na devandita personaxe, o máis habitual nestes casos é que se solicite a un intermediario para facer vendas a nome dunha empresa situada no estranxeiro ou lonxe da cidade na que el vive. A idea é facerlle chegar unha porcentaxe da contía da venda, comisión que será aboada na súa conta. Cómpre sinalar que esa comisión, que pode chegar ou non (xeralmente chega), non é froito dunha operación legal. Trátase nestes casos dunha parte do roubado, logo de que o muleiro se encargue, sen sabelo, de acadar para o lucro dos ladróns os datos persoais das vítimas. O produto da venda pode ser calquera cousa, pero é moi habitual que sexan automóbiles de gama alta ou produtos financeiros en aparencia moi vantaxosos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?