Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gong: o primeiro software libre específico para a xestión das ONGs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gong: o primeiro software libre específico para a xestión das ONGs

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Presentacion de Gong en Málaga
Presentacion de Gong en Málaga
O software libre acáelle a todos os ámbitos coma se dunha luva universal se tratase. Porén, hai algúns eidos onde é especialmente indicada a súa procura, máis que nada polo que ten de accesibilidade económica e de capacidade de adaptación a diferentes contornas de traballo. Por exemplo: o eido das organizacións non gobernamentais que se dedican, sen arela de lucro, a mellorar no posible a calidade de vida das persoas que viven á marxe das liberdades e dos recursos básicos. Neste senso, ferramentas como a que se vén de presentar no marco da Conferencia Internacional do Software Libre de Málaga (na que houbo, por certo, ampla participación galega) cobran gran relevancia. Falamos de Gong, un sistema de xestión que, por unha banda, permitiría minimizar a dependencia destas entidades cunha boa parte das empresas que desenvolven software (andando en moitas ocasións detrás delas para que lles boten unha man) e, pola outra, sitúaos en posición de tirar partido integral das máis innovadoras tecnoloxías.
Segundo se conta en Publico.es e máis en AGNIX, o programa en cuestión, malia estar aínda en fase de desenvolvemento, xa se sitúa como unha boa alternativa aos programas tradicionais de xestión empresarial, dos que por certo recolle unha boa cantidade de feituras e servizos.
A ferramenta, que coma os sistemas do eido corporativo incorpora aplicacións para a contabilidade e o manexo da información sobre clientes e provedores, vai alén da natureza mesma destes sistemas singularizándose no panorama informático internacional. E, de ir tan lonxe, preséntase de feito como a única opción existente a día de hoxe con características exclusivas para o funcionamento dunha ONG. Esta feitura de especie única refórzase asemade co seu prezo: cero euros.
A ferramenta, que é froito dunha iniciativa de CENATIC para promover o emprego e difusión de software libre, xurdiu como unha maneira de encher un oco: perante a falta de interese económico, non había compañías que quixeran facer algo específico para o eido das entidades sen arela de lucro. Deste xeito, CENATIC sacou a concurso o proxecto para as empresas de software libre que quixeran animarse a desenvolver este programa de xestión, sendo Entel, finalmente, a empresa adxudicataria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?