
Os portátiles de MSI non se vende só baixo marca propia, senón que os seus ultraportátiles con pantalla de 10 polgadas tamén se poden ver nas tendas españolas baixo marcas coma Medion ou Advent, converténdose en todo un éxito que chegou a eclipsar ao Asus Eee PC, que se demorou moito na súa comercialización en España, deixando que incluso fabricantes como Airis lles roubasen mercado.
Pese a todo, a nivel internacional os Eee PC están a ter un éxito impresionante, e Asustek podería ter producido 700.000 equipos só no mes de setembro, acumulando 1,7 millóns de unidades no último trimestre, polo que os seus resultados de cara á campaña de Nadal poderían ser moito mellor do que cabería agardar nun momento no que existe moita competencia no sector e o mercado da electrónica de consumo está enconllendo.
Os ultraportátiles de baixo custo teñen boas vendas pese a crise
Compartir Este Artigo
