Secuware, a empresa de seguridade dixital que desenvolveu o sistema Crypt2000 (arestora usado en todos os computadores de Axencia Tributaria, entre outras institucións públicas e empresas), estará máis preto de Galiza esta semana. Máis polo miúdo, en virtude da visita a Santiago de Carlos Jiménez, presidente da compañía, quen intervirá nas xornadas O futuro da industria da Comunicación que organiza o Club Internacional de Prensa no Centro Sociocultural O Ensanche. Jiménez, que abordará entre outras cuestións o futuro e as repercusións sociais das novas redes e ferramentas no eido da comunicación, comezará o seu relatorio a partir das 17.00 horas.
Sinalar que Jiménez, amais de dirixir Secuware (compañía que achega servizos de seguridade a firmas como Telefónica, Iberdrola ou o Banco de España), ten tras de si unha ampla experiencia como comunicador.
Principalmente, impartindo clases en diferentes universidades españolas e do eido internacional. Jiménez, que tamén é coñecido por ter fundado a primeira empresa española para seguridade de ordenadores (Anyware), presenta no seu currículo a honra de ter creado o segundo antivirus máis descargado de Internet entre 1995 e 1998, a través da filial americana de Anyware.
O presidente de Secuware vén esta semana á nosa terra para avaliar a Rede que nos agarda
Compartir Este Artigo

