Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google e Microsoft falarán este martes en Vigo das súas estratexias lingüísticas na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google e Microsoft falarán este martes en Vigo das súas estratexias lingüísticas na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A Estación Marítima de Vigo, vista en Flickr
A Estación Marítima de Vigo, vista en Flickr
Cada día que vivimos, semelle ou non importante no calendario, é unha encrucillada. Hainas de todo tipo e a Internet e os seus segredos -o caso que nos ocupa- contribúe na mesma medida a resolvelas e a propoñer outras novas. De entre todas elas hai unha que nos toca moi de preto: o reto das linguas pequenas na sociedade das redes. De sobra é coñecido que hai intereses que traballan para que a sociedade se mova cara a un lado (a adhesión a unha cultura e lingua uniformes) e outros que procuran o camiño contrario (unha Sociedade da Información pluriétnica e diversa).
idade_dixital_do_galego.jpgA cuestión, arestora no seu punto máis álxido do debate, está a motivar movementos importantes no eido corporativo dixital. Así, cada vez hai máis empresas que se adhiren a un bando e logo se coidan ben de que se saiba (se cadra por intereses económicos, se cadra por principios éticos, ou ben por ámbolos motivos á vez).
No medio de todo isto atopamos multinacionais como Google ou Microsoft, empresas que, cos seus máis e cos seus menos (entre os que podemos incluír a discriminación da nosa lingua no buscador, da que falamos hai pouco), semellan querer achegarse ao plurilingüe… Ou polo menos aparentalo.
Precisamente, sobre poñernos ao día das súas respectivas estratexias neste senso e, en xeral, das tendencias na Rede é do que trata un ambicioso encontro a celebrar este martes en Vigo, nas instalación da Estación Marítima a partir das 19.30 horas.
O evento, chamado A idade dixital do galego; Lingua, tecnoloxía e empresa, constitúe un dos actos que integran a mostra As nosas palabras os nosos mundos, organizado todo pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presidirá dita xornada, na que tamén intervirán o director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, Xosé María Pousada; o director de Google Procura de Libros, Google Académico e Google Arquivo de Noticias para España e Portugal, Luis Collado; e a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica, Montserrat Pardo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?