Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A gañadora do premio Turing 2006 augúralle dende Santiago un gran futuro á computación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A gañadora do premio Turing 2006 augúralle dende Santiago un gran futuro á computación

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/10/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

frances_allen.jpgFrances Elizabeth Allen, gañadora do premio Turing 2006 (un dos máximos galardóns en computación a nivel mundial), vén de aterrar en Compostela co fin de participar arreo no programa ConCiencia, unha iniciativa da Universidade e o Consorcio para incrementar a pegada social da investigación en Galiza. Tal e como sinalamos hai uns días, trátase da primeira ocasión en que unha muller é convidada a tomar parte activa nesta iniciativa, feito concreto que precisamente non deixou pasar Allen nun encontro cos medios celebrado este mércores ao mediodía. Ao seu xuízo, as ciencias da computación viven arestora un intre de inflexión cara propostas máis relevantes para a sociedade, máis útiles e, sobre todo, máis democráticas. Neste proceso, indicou, a muller terá un papel especialmente salientable.

Allen mantivo un encontro con investigadores no Centro de Estudos Avanzados
Allen mantivo un encontro con investigadores no Centro de Estudos Avanzados
Á pregunta sobre as razóns da escasa presenza feminina no seu eido de traballo, Allen responsabilizou disto á propia disciplina na que desenvolve o seu labor e ao uso que a sociedade en xeral fai dela. Para a investigadora norteamericana, está a piques de chegar un repunte de actividade da computación, en boa medida grazas á chegada de formas de vida máis modernas (máis libres, máis adaptables ás nosas necesidades), de novos eidos de traballo e de canles comunicativas moito máis próximas á cidadanía.
Allen tamén fixo fincapé en que as novas tecnoloxías derivadas da computación son cada vez máis baratas, motivado isto –en parte- pola procura de novas fontes de alimentación enerxética para os equipos informáticos, máis limpas e accesibles, co que tamén se favorece a entrada en xogo de áreas do planeta que ata o de agora ficaron á marxe da ciencia.
Turing, que aproveitou a mañá deste mércores para reunirse coa comunidade investigadora das Universidades de Santiago e Coruña, intervirá este xoves día 30 no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia a partir das 20.00 horas e cun relatorio aberto que leva por título Unha peregrinación polas altas sendas da computación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?