Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gabriela Warkentin sitúa aos espazos interactivos como instrumentos contra a violencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gabriela Warkentin sitúa aos espazos interactivos como instrumentos contra a violencia

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/10/2008
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

gabriela_warkentin_santiago.jpgO Club Internacional de Prensa botouse esta semana á Rede. Se a semana pasada pasaron polo seu foro sobre a industria da comunicación persoeiros como João de Almeida Santos e Salim Lamrani, a xornada de onte xoves foi a quenda de Gabriela Warkentin, directora do Departamento de Comunicación da Universidade Iberoamericana de Cidade de México, e de Carlos Jiménez, o presidente da empresa de seguridade informática Secuware. Todos eles, cada un co seu punto de vista particular, achegaron perante os asistentes o que podería chamarse “o seu ideal para a Sociedade da Información”, orde de cousas que participa dunha característica básica de case todo o que nos rodea: é francamente mellorable. E todo iso malia o seu potencial, que é grande para cuestións como o respecto á pluralidade, concepto que nos toca ben de preto ás/aos galegas/os e sobre todo á propia Gabriela Warkentin, aínda que por motivos diferentes.
No caso do lugar do que provén, ademais de un instrumento para o respecto ás culturas minoritarias (o seu país é pluriétnico abondo e con grandes desigualdades), o emprego axeitado das redes tamén pode contribuír á redución de problemas como a violencia ou a falta de liberdades básicas.
Este é o panorama que presenta arestora México, comentou Warkentin na xornada de onte en Santiago, e esta é a esperanza que achega o afianzamento das novas canles de comunicación: espazos de interacción paralelos onde expresarse.
Con todo, como dixemos antes, hai tarefas pendentes: “Que se escoite aos cidadáns, as principais vítimas da violencia, e que falen os que aínda non se pronuncian”. México, que ao seu xuízo é un país aínda por facer, en “constante transición democrática”, está hoxe en día ollando con esperanza cara aos novos formatos que achega a comunicación dixital, a antesala dos foros de debate nos que non existen atrancos á hora de dicir o que se pensa e darlle renda solta ao espírito crítico.
Para a investigadora, o novo eido da comunicación, fortalecido ao abeiro das redes, ten potencial como gran mesa redonda para que unha sociedade enteira, a súa, participe: “Dende ela, na súa dimensión de construción de sociedades, non só na súa acepción mediática, toca revisar o tipo de cidadanía que se manifesta ou se podería desenvolver neste contorno”. Esta crenza procede directa, precisamente, da perda doutra crenza: a que tiña nas capacidades de mudar o mundo de canles máis tradicionais como a radio e o televisión, en México arestora controladas por poucas e poderosas mans, “que impoñen ao cidadán só no seu horizonte de consumo”. Na súa opinión, hai aínda un eido novo de diálogo que escapa –polo de agora, en parte- do seu control, un eido que aínda ten moito por mellorar pero que comeza a despuntar como espazo idóneo para a interacción, que no caso da facultade de expresármonos é o paso liberador do punto de vista crítico, construtivo. É aí, nese escenario, onde se expresan os que o precisan.
Para Warkentin, é importante achegar datos ao respecto para que ninguén pense que se está a facer apoloxía gratuíta da Sociedade da Información e das súas vantaxes. O seu medre é unha realidade, e con el a pegada cada vez maior da protesta social. Estes foron algún dos datos:
· O medre anual do número de internautas sitúase arredor do 17%.
· A telefonía móbil está xa en mans de máis do 60% da poboación.
· A banda larga estase a xeneralizar como principal forma de acceso ao ciberespacio.
· O mapa virtual de videoxogadores amosa ao país centroamericano como punteiro no eido de América Latina.
Porén, os retos da Sociedade da Información e dos seus integrantes son grandes en México. Por unha banda, temos ao crime organizado, que xa está a envorcar os seus esforzos no eido dixital como estratexia para os seus fins de terror, sinalou Warkentin. Pola outra, e tras a moi recente reforma electoral (que lle sacou o papel sobranceiro á radio e a televisión como vía comunicativa para os comicios) fíxoselle especialmente necesario á “negatividade” social -resultante de todo proceso desta índole- procurar un novo espazo de acción, sendo o das novas tecnoloxías e outros igualmente pouco regulamentados os elixidos.
Para Warkentin, malia os obstáculos e malia que 2008 estea a ser un ano “complexo, violento e crispado”, é preciso engadir un novo cualificativo para este período que xa está a piques de rematar: “Vital”. A culpa desta irrupción non agardada da esperanza tena en boa medida a Rede, máis que nunca unha porta que se abre

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?