Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dell anima aos seus traballadores a coller vacacións sen soldo para frear a crise
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dell anima aos seus traballadores a coller vacacións sen soldo para frear a crise

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dell_michael_dell.jpgA empresa Dell vén de contradicir varios principios dunha soa tacada, algúns deles importante dende o punto de vista laboral, ao facer escolma das posibles medidas a tomar co fin de reducir os efectos negativos da crise dentro do seo da propia multinacional. A serie de recomendacións e pasos a seguir, feitos por boca do seu conselleiro delegado Michael Dell, son froito –unha vez máis- dun proceso de recesión económica xeral que ata hai ben pouco se consideraba alleo ás firmas do eido das novas tecnoloxías pero que se temos en conta as propostas lanzadas pola firma, está afectándolle arestora a todo fillo de veciño.
Ao seu xuízo, xa é hora de aceptar varias cousas: que non é certo que as TIC vaian ficar indemnes da seca e que, respecto ás condicións laborais imperantes, nin sequera unhas vacacións con soldo poden ser consideradas sagradas. De feito, esa é (entre outras) unha das súas medidas máxicas para atallar a crise na empresa: que os empregados, de xeito voluntario, teñan vacacións non remuneradas.
No que si que parece que a multinacional lle dá a razón ás bases do capitalismo é no seguinte feito: os primeiros que pagan os malos tempos económicos son os de sempre. De feito, o fabricante de computadores xa reduciu o seu equipo en 8.500 empregados.
O obxectivo da medida do novo formato vacacional proposto por Dell: reducir os custos operativos durante o vindeiro trimestre. Segundo informa Reuters, a compañía xa lles comunicou aos seus traballadores que poden acollerse a esta alternativa ao longo dos vindeiros noventa días. En cifras ben detalladas o que se pretende é acadar un aforro de ata 3.000 millóns de dólares durante os tres anos próximos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?