Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Comercio Rural Galego recibe 17 novas incorporacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Comercio Rural Galego recibe 17 novas incorporacións

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rede_comercio_rural_web.jpgA Rede de Comercio Rural Galego, tal e como anunciabamos hai uns meses nesta mesma web, vén de incrementar a súa participación, co que deixa formalmente de ser un proxecto piloto para converterse en realidade con fondas raizames. En concreto, aos seus catro primeiros integrantes (Casa Varela no concello de Touro, Casa Xustáns en Pontecaldelas, Casa Rosa en Maceda e Casa Balsa en Ourol) cómpre sumar xa 17 novas tendas multiservizo procedentes das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo, segundo vén de anunciar a Dirección Xeral de Comercio, que investirá na apertura destes establecementos ata un total de 1.488.051,86 euros. As tendas acabadas de incorporar, que ficarán deste xeito activas as 24 horas do día na Rede, teñen o seu emprazamento físico en núcleos de poboación que non superan os 5.000 habitantes.
A súa integración na dita iniciativa, tal e como se recolle nas bases da mesma (posta en marcha hai un ano e medio pola Dirección Xeral), responde a un obxectivo ben concreto: axudar na medida do posible a que o rural galego teña as canles de promoción e dinamización precisas para dar a coñecer o seu amplo potencial.
Das novas tendas, informa Comercio, oito están na provincia da Coruña (A Ponte Arcediago-Santiso, Visantoña-Mesía, Calo-Teo, Artes-Ribeira, Ponte Carreira-Frades, A Castañeda-Arzúa, A Picota-Mazaricos, Treos-Vimianzo); catro en Lugo (Salcedo-Pobra de Brollón, Bretoña e Campo da Rosa-A Pastoriza e Doncos-As Nogais); e cinco en Pontevedra (Bora-Vilares, Covelo-A Cañiza, Soutelo de Montes-Forcarei, Barro e A Lagoa-Campo Lameiro). Por certo que o feito de figurar na dita Rede posibilítalles a estes negocios a obtención do selo Comercio Rural Galego, certificación que avala a calidade dos seus produtos e servizos, tendo en conta a exhaustiva auditoría sobre fiabilidade e calidade que superaron estas empresas para acceder ao proxecto.
Desde finais do pasado mes de marzo, toda a información relativa á Rede de comercio rural galego está dispoñible na web www.comercioruralgalego.eu ou a través do portal da Dirección Xeral de Comercio www.conselleriaiei.org/ga/dxcc/index.php.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?