Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Internautas italianos lanzan unha campaña colectiva contra Berlusconi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Internautas italianos lanzan unha campaña colectiva contra Berlusconi

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

italianos_contra_berlusconi.jpgCando todo falla, mesmo a política, sempre nos queda a Rede. Silvio Berlusconi, personaxe elixido democraticamente en Italia, constitúe en certa maneira unha promesa autocumprida da decepción pública. En boa medida, o peor que lle podía pasar ao presidente é que os seus inimigos fixesen fronte común na Internet. As comunidades virtuais, por moito que che fallen, raramente poden levar un país á ruína e ao racismo. En todo caso, e tal e como están as cousas hoxe na vida pública, case teñen máis poder e vontade para evitalo que moitos representantes das institucións. Iso, cambiar as cousas, é precisamente o que quere unha nova plataforma de mobilización virtual xurdida en Italia e agrupada baixo un lema que fala por si só: Son italiano e Berlusconi non fala no meu nome”.
A campaña, que quere contribuír a mellorar a imaxe que se ten do país dende fóra (tendo en conta o pouco que contribúe o seu máximo representante), anima aos internautas a sumarse á iniciativa redactando un pequeno manifesto na liña do dito lema e enviándoo logo cunha foto á web Notspeakinmyname.com, onde se está elaborar un máis que curioso colaxe coas imaxes dos cidadáns italianos mobilizados na Internet contra a política de Berlusconi.
Dáse a casualidade de que o colaxe, gráfico e directo ao xeito das mellores campañas publicitarias saídas daquel país, está formado por imaxes de homes e mulleres de moi variadas idades, clases e condicións. A idea sobre a que se sostén a iniciativa é a de ir alén dunha manifestación en sentido estrito. Aquí hai faces de persoas que se presentan perante o mundo amosando a súa vergoña pola política do cavaliere. Segundo os organizadores, a campaña (referenciada en Chuza! e máis en ADN, onde se ofrece máis información sobre as pingas que veñen de rebordar o vaso da paciencia entre a sociedade italiana) non ten cor política. Aseguran que é unha iniciativa natural de cidadáns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?