Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A realidade das granxas galegas en liña, ao alcance dos nenos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A realidade das granxas galegas en liña, ao alcance dos nenos

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Actividade divulgativa de Granxa Familiar no colexio San Pedro de Visma da Coruña
Actividade divulgativa de Granxa Familiar no colexio San Pedro de Visma da Coruña
A Semana da Ciencia, tendo en conta a temática xenérica (a divulgación dos logros da investigación) e específica que trata nesta edición 2008 (afondar nas ciencias da Terra), non podía organizarse nin desenvolverse sen un apoio de primeira orde: a información no senso máis amplo, redes incluídas. Nesta nova convocatoria, ademais, afiánzase un xeito duplo de tratar o coñecemento e a divulgación do mesmo: como apoio das accións programadas na Semana e como tema propio das mesmas. Algo disto, de actividade na Rede ao completo, hai no programa de sensibilización para os colexios incluído na Semana pola USC a través do Grupo de Investigación GIS-T e do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Falamos de Diverciencia Granxas Dixitais, unha iniciativa lanzada coa axuda da Consellería de Innovación e que tira proveito dunha iniciativa precedente, Granxa Familiar (da que xa temos falado acó), co fin de crear unha rede rural de granxas e museos didácticos de Galiza.
Estes espazos, físicos e virtuais, irían destinados ao coñecemento xeral das novas tecnoloxías e do eido rural galego, informa o grupo GIS-T. A idea, tendo en conta que Granxa Familiar naceu sendo un proxecto específico de promoción económica vía Internet para explotacións de Antas de Ulla, Brión e logo Lalín, é asentar agora as bases que permitirán un labor moito máis xenérico. Se cadra para estender os obxectivos cara a toda Galiza.
Volvendo á actividade preparada para a Semana da Ciencia, dicir que participan nela colexios de Santiago de Compostela , A Coruña e Ourense, como por exemplo o Pío XII, o Compañía de María, o López Ferreiro, o San Pedro de Visma ou o Amadeo Barroso, onde se incluíron e se inclúen mostras, obradoiros e outras actividades de sensibilización. Asemade, cómpre sinalar que os froitos destas e outras actividades serán recollidos en formato audiovisual e presentados ao longo da Semana da Ciencia arestora en activo.
A intención do GIS-T IDEGA é manter aberta esta actividade nos vindeiros anos, convidando a tódolos centros escolares e asociacións civís de Galicia a participar da experiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?