Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xunta e Goberno central achegan 100 novos millóns de euros contra a fenda dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xunta e Goberno central achegan 100 novos millóns de euros contra a fenda dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fernando_blanco3-360x240.jpgA Xunta de Galicia e o Goberno central veñen de dar un novo paso para a consecución dunha vella arela que se ten estendido no tempo máis do que debería: a fin da fenda dixital en Galiza. Máis polo miúdo, o seu movemento conxunto refírese á fin do baleiro dixital máis puramente tecnolóxico e de equipamento. A cita entre un e outro executivo celebrouse este mércores en Santiago, da man do conselleiro de Innovación, Fernando Blanco (na imaxe), e do secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros.
No transcurso do encontro, aberto aos medios, procedeuse a asinar o compromiso conxunto para o desenvolvemento do Programa de Infraestruturas de Telecomunicacións, dentro do Plan Avanza. Entre outras cousas, isto significa o seguinte: que se dedicarán 100 millóns de euros para financiar o afianzamento da Sociedade da Información en Galiza (sendo a achega do Ministerio de Industria de 99 millóns, a xeito de empréstamo sen intereses).
Esta contía, que se destinará a completar as infraestruturas de telecomunicacións na nosa xeografía, permitirá actuar no espallamento da banda ampla e da TDT, amais de potenciar o acceso á alta velocidade das empresas nos polígonos industriais do país.
As accións, punto por punto
Máis en detalle e referíndonos xa ao uso vindeiro destes orzamentos en eidos concretos, sinalar que a xuízo de Fernando Blanco unha das grandes prioridades de actuación é sen lugar a dúbidas o noso rural. Así, apuntou, a maior parte dos fondos acordados (93,8 millóns de euros) irán dirixidos a iniciativas de afianzamento dixital e tecnolóxico nos espazos non urbanos ou que presenten “deficiencias de calidade do seu servizo”.
A Consellería de Innovación xa anunciou cales serán os principais instrumentos desta parte da iniciativa xeral: posta en marcha de redes de acceso de banda ampla (equipos transmisores e receptores), cableado de fibra óptica, enlaces, e a obra civil e alimentación enerxética.
Polo que respecta á TDT, dicir que se reservará ao seu reforzamento ata 5 millóns de euros. O obxectivo: evitar que o apagamento analóxico previsto para 2010 deixe fóra do acceso á plataforma ás áreas illadas da nosa xeografía. En terceiro lugar destinarase 1 millón de euros ao afianzamento da banda larga nos polígonos industriais do país.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?