
A redución do prezo da Xbox 360 traduciríase nun incremento do 7% en unidades vendidas con respecto ao mes de setembro, aínda que sorprende que os datos para a PS3 (que continúa a ser a consola máis cara do mercado con moita diferenza) sexa positivos, vendendo un 57% máis que o mes anterior.
Estes resultados vémolos nun momento no que a Xbox 360 está a piques de superar o número de unidades vendidas pola súa consola anterior, a Xbox, xa que durante o transcurso deste mes Microsoft agarda superar a barreira dos 25 millóns de Xbox 360 vendidas.
Deixando de lado os datos do NPD Group, Microsoft asegura que a rebaixa do prezo da Xbox 360 se traduciu nun incremento de vendas mensual do 42% nos EE.UU., do 62% en Europa e do 500% no Xapón.
A Xbox 360 chegará aos 25 millóns de unidades vendidas este mes
Compartir Este Artigo
