Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rivero-Díaz cualifica en Compostela de decisiva a participación de Barack Obama nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rivero-Díaz cualifica en Compostela de decisiva a participación de Barack Obama nas redes sociais

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rivero_club_prensa.jpgPara Javier Rivero-Díaz, profesor na Universidade de Os Ánxeles-California (UCLA) xa non hai éxito político ou económico na sociedade que vivimos que non teña un apoio máis ou menos directo nas novas ferramentas dixitais de participación e de interacción e dos cidadáns que operan nelas. Neste senso, e aínda que de tanto usalas apenas teñan xa significado, as siglas 2.0 (as que indican participación activa) constitúen en boa medida unha mellora con respecto aos tempos precedentes. Dito para que se entenda: máis vale deberlle o éxito político a un axeitado manexo dos contornos novos da comunicación cós axentes interesados de sempre, presentes pese a todo (difícil quitar de en medio ás grandes corporacións que moven os fíos), aínda que se cadra en menor medida. Rivero-Díaz, que estivo estes días pasados en Santiago de Compostela para colaborar nos foros de comunicación do futuro do Club Internacional de Prensa, falou de Barack Obama como exemplo perfecto de aposta decisiva polas redes sociais 2.0 na procura dunha vitoria finalmente acadada.
Malia haber máis condicionantes (a necesidade de cambio da sociedade enteira perante George Bush e o seu xeito polo de agora esgotado de facer política), a estudada e milimetrada campaña política de Obama a través das novas contornas dixitais foi decisiva. Para que sirva de exemplo, Rivero-Díaz falou dunha serie de estatísticas web relacionadas cos comicios. Primeiro: en YouTube as visitas da canle de Obama foron de 19 millóns e as de McCain de arredor de 2. Segundo: en Twitter.com, o presidente entrante acadou unha cifra de 121.000 millóns de seareiros, sendo as do seu contrincante de 5.000. Terceiro: en Facebook, Obama foi de novo o gañador con tres millóns de persoas seguíndoo de preto, facendo o propio co representante do partido republicano uns 600.000 usuarios da Rede. Tendo en conta estas e outras cifras igualmente positivas para Barack Obama, non cabe dúbida para Javier Rivero-Díaz que Internet e as ferramentas e servizos que inclúe veñen de dar unha das súas notas máis alta en materia de intervención nos sucesos da historia, neste caso un cambio de rumbo político no que probablemente sexa arestora o país máis influínte do planeta, tanto dende o punto de vista social, político ou militar, como tamén no cultural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?