Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Federación de Bandas de Música Populares estrea web participativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Federación de Bandas de Música Populares estrea web participativa

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/11/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

federacion_galega_bandas_web.jpgA Federación de Bandas de Música Populares (FGBMP) vén de abrir nova páxina. A idea da entidade é ir alén dun mero punto de encontro para bandas, músicos e afeccionados de todo o país: o gran obxectivo é achegar os pasos que faltaban para unha colaboración activa entre todos eles. A páxina, posta en marcha de xeito oficial este 17 de novembro, subministra unha manchea de contidos e servizos, entre os que se contan recursos de información xeral (quen somos, concursos, certames, concertos), novas, anécdotas e artigos de investigación sobre o eido das bandas populares galegas, ata o de agora escasamente referenciadas nas redes. O espazo web, que foi desenvolvido de xeito íntegro sobre Linux (para o que se contou colaboración activa de Mancomún e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información), tamén vai dirixido cara a uns obxectivos máis xenéricos: contribuír a preservar na Rede a cultura galega e abrir camiños para o futuro da cultura popular.
A actividade do novo espazo en liña do FGBMP, entidade arestora constituída por case 90 bandas federadas cos seus 6.300 músicos, estase a complementar con outras accións de divulgación en liña, como por exemplo a presentación no servizo de vídeos YouTube da canle propia da Federación, que xa dispón neste intre de case 30 vídeos. O propósito do espazo é en boa medida semellante ao da web oficial da FGBMP, pero se cadra con meirande alcance internacional e entre a mocidade, principal usuaria de YouTube.
Os vídeos que podemos ver arestora pertencen ás actuacións do I Certame Galego de Bandas de Música Populares, de concertos da Banda Sinfónica da Federación ou dalgunha das agrupacións que forman parte dela. A idea é incrementar en boa medida a achega de vídeos e información coa vindeira celebración do dito Certame, do 21 ao 23 de novembro deste mes no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?