A bricolaxe con material informático dá lugar a creacións abraiantes en moitas ocasións, polo que é normal ver auténticas obras de arte nos encontros informáticos, pero a imaxinación dun estadounidense ao que se lle avariou un portátil MacBook con pantalla de 13 polgadas e, tras comprobar que a placa base do equipo estaba intacta, decidiu darlle unha segunda vida introducíndoa nunha carcasa de disco duro externo (Macally G-S350SUA) cunha aparencia semellante a un Mac Pro.
Deste xeito, conseguiu que un portátil estragado se reciclase nun equipo de escritorio, cunha potencia semellante á dun Mac mini, pero coa elegancia estética dun Mac Pro (pero a quinta parte do seu volume físico), polo que bautizou o equipo como Mac Pro Ultra Mini.
O proceso de transformación do equipo quedou detallado en fotografías publicadas en Flickr, pero deixando de lado o resultado final acadado, hai que recoñecer que a idea é boa, e non se tería por qué limitar a equipos de Apple. Converter os portátiles en pequenos equipos de escritorio podería ser un interesante xeito de reciclar estes equipos, especialmente ante a avaría das súas pantallas, polo que agardamos que este caso sirva de exemplo.
Converten un portátil avariado nun Mac Pro Ultra Mini
Compartir Este Artigo
