
Entre os galardoados temos que destacar que se atopaban os galegos Andrés Milleiro e Manuel Quiroga polo seu podcast Tortilla de Patata, que en só 15 entregas conseguiu facerse co afecto dos internautas que elixiron esta creación sonora como a máis destacable do ano (Mellor Podcast).
Pero o logro destes populares blogueiros galegos nos Premios non foi a única presenza galega, xa que coma Mellor Blog Tecnolóxico foi elixido o clásico Microsiervos, que conta co coruñés Javier Wicho Pedreira coma un dos seus 3 autores, e que posiblemente sexa o blog de máis éxito de toda Europa.

· Mellor blog periodístico: 233grados.com
· Mellor blog cultural: El blog ausente
· Mellor blog político: Escolar.net
· Mellor blog persoal: Hay mujeres
· Mellor blog de negocios: Loogic
· Mellor blog deportivo: Deporte acción
· Mellor blog de viaxes: Kirai
· Mellor blog de humor: El pito doble
· Mellor fotolog: Fotomaf
· Mellor videoblog: Lost in Bilbao
· Mellor blog medioambiental: Greenpeace
· Microblogger do ano: mmoroca
· Blog revelación: Ayuda WordPress
· Mellor blog do xurado: Generación Y
· Premio especial honorífico: Mangas verdes
· Premio ao mellor blog do público: Kafelog
Éxito galego nos Premios Bitácoras 2008
Compartir Este Artigo
