Obradoiro sobre as ferramentas de Google impartido pola Asociación de Empresarias da CoruñaA Rede de Dinamización da Sociedade da Información segue adiante coa súa colaboración coa Asociación de Empresarias da Coruña. Este traballo conxunto estase a materializar nunha longa experiencia de achegas formativas (52 obradoiros impartidos ata o de agora e 366 horas de sesións didácticas) xa desenvolvidas e por desenvolver. Por certo que en decembro o programa renóvase coas seguintes convocatorias: Curso de postais e almanaques (entre o 1 e o 5 de decembro, orientado a achegar recursos para a creación de postais propias de Nadal, estando prevista unha exposición co resultado dos traballos), Viaxes por Internet (actividade prevista para o 19 de decembro e encamiñada a facilitar consellos para reservar un hotel, mercar un billete de avión ou de tren a través de Internet) e Exercitar a memoria por Internet (dirixido a subministrar recursos en liña para axilizar a memoria, a desenvolver entre o 22 e o 23 de decembro). As persoas intreresadas en participar deberán porse en contacto coa responsable da Rede de Dinamización que desenvolve o seu traballo na dita Asociación de Empresarias da Coruña, a través do seguinte enderezo de correo electrónico: pilar.acoruna@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.