
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia manifestou o seu respaldo á folga convocada, como tamén fai a Conferencia de Decanos e Directores de Centros Universitarios de Informática, e xa se anunciaron mobilizacións nos distintos campus galegos, que quedarían coma segue: – Mobilización na Coruña: inicio ás 12.00h. na Facultade de Informática (Campus de Elviña). Remate ás 14.00 horas na Delegación do Goberno en Galicia. – Mobilización en Ourense: inicio ás 12.00h. no Edificio Politécnico do Campus. Chegada ás 13.30 h. á Subdelegación do Goberno. – Mobilización en Santiago: ás 12.00h. concentración na porta da Escola Técnica Superior de Enxeñaría e lectura dun manifesto por parte do alumnado. – Mobilización en Vigo: inicio ás 12.00h. na Escola de Enxeñaría Industrial de Peritos.
Mobilizacións en Galicia para pedir a regulación das Enxeñarías en Informática
Compartir Este Artigo
