
O sistema foi desenvolvido por Altia Consultores e se presentou hoxe mesmo, participando no acto de inauguración o presidente do grupo Fomento Iniciativas (ao que pertence Supervisión y Control), Amador Castro, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, e o delegado provincial da consellaría, Luís Barcia.
Os usuarios que pasen a revisión dos seus vehículos recibirán inicialmente un documento impreso certificando a inspección, pero a empresa concesionaria non terá a necesidade de arquivar os orixinais, pos se rexistrarán nunha base de datos en formato PDF e cun sistema de sinatura dixital para darlles validez legal.
O servizo galego de ITV súmase ao proceso de sinatura electrónica
Compartir Este Artigo
